HomePolíticaEsperta Monforte leva ao pleno deste luns a defensa de pensións dignas...

Esperta Monforte leva ao pleno deste luns a defensa de pensións dignas no interior de Galicia

Noutra moción, Esperta Monforte pide ao concello elaborar un plan con 10 ou 12 anos vista para arranxar tódalas tubaxe de saneamento que teñan amianto, "material altamente nocivo para a saúde".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte presenta ao último pleno do ano, a moción de Por un Interior Galego Vivo para a defensa de pensións dignas no interior de Galicia, que reclama o concello de Monforte se comprometa coa dignidade das persoas pensionistas e apoie, que por lei se estableza que a pensión contributiva mínima sexa igual ao salario mínimo interprofesional. Que o Concello manifeste a súa adhesión á campaña pola blindaxe das pensións na Constitución Española, mediante a prohibición expresa da privatización do Sistema Público de Pensións e dar traslado ao Congreso e ao Senado dos acordos tomados para lexislen e por lei se establezan revalorizacións anuais progresivas ata o 2030 e que ningunha prensión contributiva no rural estea por debaixo dos mil euros.

Esperta Monforte esixe con outra inciativa priorizar os investimentos na rede de saneamento e abastecemento de auga, solucionando de maneira definitiva os cortes e filtracións que afectan a numerosos barrios; axilizar as obras en curso nas rúas Morín, Rosalía de Castro e Concepción Arenal, que están a xerar malestar e perdas económicas para os negocios locais, adí como reevaluar a priorización de proxectos secundarios, como o paseo fluvial, ata garantir que os servizos básicos da cidade estean en condicións óptimas.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...