HomePolíticaO PP de Monforte interesarase no pleno pola "legalización" do Parque do...

O PP de Monforte interesarase no pleno pola “legalización” do Parque do Hospital

Katy Varela quere que Tomé aclare a situación legal desta actuación ao haber dúas sentenzas sobre a expropiación dos terreos, unha que anula os actos impugnados e outra que condena a pagar esa indemnización de máis de 600.000€

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ante esta situación, a voceira popular en Monforte, Katy Varela, explica que no vindeiro pleno preguntaremos ao alcalde sobre a situación legal na que se atopan os terreos e se, como xa insinuou nalgunha ocasión, non será necesario pagar esa indemnización no caso de crear un plan dotacional para esa zona. “O alcalde debe ser claro e dicir a verdade a todos os monfortinos”, sinalou.

Os concelleiros populares tamén preguntarán polas diferentes facturas sobre vallas publicitarias que pagou últimamente o Concello de Monforte. Katy Varela sinala que mentres hai pagos no día de San Blas ou no San Mateo, 122,21€ e 336,08€ respectivamente, “hai outras, como a da xuntanza dos xubilados da UXT cun custo de 1.219,80€ polo mesmo concepto. Queremos saber cantas vallas se colocaron en cada caso e prezo de cada unha. Transparencia ante todo, que é o que lle falta ao alcalde”, sinalou.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...