HomePolíticaA compostaxe e “arranxos incompletos”, temas que levará ao pleno o BNG...

A compostaxe e “arranxos incompletos”, temas que levará ao pleno o BNG de Monforte

Os grupo nacionalista presentará no vindeiro pleno unha iniciativa para botar a andar un proxecto de compostaxe e pedirá melloras nun tramo de estrada que vai a Sober.

Publicado o

- Advertisement -

Vistos os bos resultados da xestión de residuos orgánicos mediante a compostaxe comunitaria en concellos como Pontevedra, Allariz ou A Pobra do Brollón, o BNG de Monforte entende que aquí tamén interesaría levar a cabo este tipo de accións e así o pedirá no vindeiro pleno do 20 de decembro.

Segundo explica o concelleiro Emilio J. Sánchez, “entre o 40 e o 50% dunha bolsa de lixo doméstica está formada por restos orgánicos, é un gasto absurdo pagar para que se recollan, trasladen ou amoreen, podendo transformalos nun bo fertilizante”.

O portavoz nacionalista está convencido de que a aplicación da conversión de refugallos orgánicos en abono orgánico pode aforrar ao concello entre 40 e 50 euros por familia e ano e a nivel ecolóxico canto máis se aproveiten os restos orgánicos máis se reduce o consumo de combustibles e a contaminación provocada pola queima de lixo nos vertedoiros.

Con estes argumentos o grupo nacionalista pedirá ao equipo de goberno que realice un  proxecto integral para os residuos orgánicos coa instalación de áreas de compostaxe comunitario na cidade.

Noutra orde de cousas tamén levarán ao pleno o que entenden como “incompleto acondicionamento dunha vía”. Non hai moito tempo fíxose un arranxo da estrada que une a antiga N-120 coa estrada de Sober e rematouse a obra na ponte de Piñeira. “Descoñecemos cal foi o motivo polo que non se lle deu continuidade á obra até a estrada de Sober, quedando sobre uns 250 m sen ser arranxados” afirma Emilio J. Sánchez

Os nacionalistas levarán este tema ao pleno pois consideran que foi un despropósito que non se rematara de actuar no total da vía, deixando uns 250 metros sen arranxar, tendo en conta ademais que nese tramo, e sobre todo baixo a ponte do ferrocarril, presenta unha boa cantidade de fochancas. Esixirán ao equipo de goberno o arranxo do tramo en cuestión.

nova responsable comarcal de galiza nova na comarca de lugo-sul

A asemblea comarcal de Galiza Nova reuniuse en Monforte, no marco do proceso post-asamblear da XV asemblea nacional da organización nacionalista, e propúxolle a Cecilia Diéguez Fociños ser a responsable comarcal.

Iago Suárez, Cecilia Diéguez e Marcos Vilelos. Fonte: Galiza Nova Sul

Na reunión da militancia púxose en valor o traballo feito pola chantadina na comarca considerando que era ben merecedora deste cargo e ela aceptou afrontando esta responsabilidade con decisión e con ganas mais tamén sendo coñecedora das dificultades que ten esta comarca.

 

 

ÚLTIMAS

Pantón acolle a primeira proba do Campionato de España de Enduro este 15 e 16 de marzo

No acto de presentación deste mércores estaban presentes na presentación do acto, Javier Quintas...

150 participantes na 2ª proba do Campionato Galego de Voleibol Benxamín e Prebenxamín que se celebra este 15 de marzo no Pavillón da Pinguela

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, acompañada polo Director Deportivo da Federación Galega de...

‘As Alumnas’, obra de teatro para conmemorar o 8M en Monforte

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, e enmarcada na programación...

‘O Circo de Pinocho’ chega a Monforte

Monforte de Lemos acollerá esta fin de semana un espectáculo familiar que contará a...