HomePolíticaO PP de Monforte cualifica o 2024 como "ano perdido"

O PP de Monforte cualifica o 2024 como “ano perdido”

O Grupo Municipal do PP de Monforte asegura non compartir a "visión optimista" dada polo alcalde, José Tomé, cando afirma que o 2024 foi un ano espectacular para Monforte e que o 2025 vai a ser mellor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, asegura que “non é lícito apropiarse do traballo doutros para tentar sacar peito. Tomé non pode gabarse de que mellorasen os datos do censo e de desemprego nos últimos anos xa que en todos os anos que leva de alcalde nada fixo por traballar nestas materias”, lamentou.

Lembra que “ata hai dúas semanas” sempre votou en contra de todas as mocións encamiñadas a “crear novas prazas o gardarías municipais, así como solicitar a sinatura de convenios con outras administracións para contar con máis prazas para nenos e facilitar a conciliación”.

“Esta e unha mostra de que nada fixo por asentar poboación xa que moitas familias teñen que levar aos seus pequenos a gardarías de municipios veciños porque en Monforte non hai prazas e o alcalde negábase ata hai dúas semanas a que houbese máis”, denuncia Varela que non confía na execución dos investimentos anunciados por Tomé, “xa que os anunciados seguen un desenrolo moi lento”, poñendo como exemplo que o 2024 foi “desastroso en canto a rotura de tubaxes ou problemas de saneamento”.

“Agardamos, polo ben de todos os monfortinos, que os cartos anunciados que chegarán do Goberno central sexan unha realidade e sirvan para renovar a rede e levar o servizo a aqueles veciños que carecen del, pero todo apunta a que non será así”, sinala.

En canto á evolución económica do municipio, “os indicadores son moi negativos xa que vemos como todos os meses seguen a pechar negocios, algúns deles emblemáticos, e non se abren novas iniciativas ante a dificultade económica que atravesa o municipio”.

“A cidade amosa un gran número de locais pechados e casas en ruínas e seguimos sen ver ese volume de implantación de novas empresas que prometía o alcalde hai dous anos cando estaba inmerso na campaña electoral”, denuncia Katy Varela.

ÚLTIMAS

Agroma Sober leva a pleno o “estado lamentable” da vía do tren entre Areas e Santo Estevo

A vía abriu ao tráfico en novembro de 2024, pero os restos do material...

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...