HomePolíticaO PP de Monforte defenderá no pleno unha nova localización para o...

O PP de Monforte defenderá no pleno unha nova localización para o centro de día

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno que o Concello inicie os traballos oportunos para buscar e trasladar a unha nova localización o centro de día, para que así conte cunhas instalacións máis adecuadas ao servizo que presta e con espazos exteriores para o goce dos usuarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, recorda que as instalacións actuais, en uso dende o ano 2005, semellan “non ser as máis adecuadas” (actualmente no edificio da praza de abastos) xa que, segundo confirmaron empregados e familiares de usuarios “a accesibilidade é mellorable e non hai zonas exteriores para os usuarios”.

Ante esta situación, hai familias de Monforte que optan por solicitar praza nos centros de día doutras localidades próximas ao ter mellores instalacións. Por este motivo “consideramos necesario buscar unha nova localización para o centro de día de Monforte, con mellores instalacións, para poder dar o servizo que se necesita”.

Os concelleiros populares explican que os centros de día son un recurso moi necesario xa que prestan atención terapéutica integral e plural ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, as relacións con outras persoas e a permanencia no entorno habitual.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte avanza na súa continuidade ao coñecer a posibilidade dunha candidatura á directiva

O interese expresado durante a asemblea, xunto co trasladado por teléfono por outros socios,...

Plácida Pérez Pazos, nova centenaria en Sober

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, achegouse este venres 30 de outubro a...

Mercado de Outono, este 31 de agosto na Praza de Abastos de Monforte

A celebración do mercado mantense, aínda que non se desenvolverán os actos institucionais, en...

A Deputación destina máis de 550.000€ é mellora de estradas en Pantón, O Saviñao e Paradela

A Deputación de Lugo aprobou este venres, na reunión da xunta de goberno, investimentos...