HomePolíticaO PSOE provincial defende os seus avances para sacar adiante a A-76

O PSOE provincial defende os seus avances para sacar adiante a A-76

O Secretario Xeral provincial, Álvaro Santos, valora a política do seu partido en Madrid para impulsar a construción da autovía tras a polémica destas semanas.

Publicado o

- Advertisement -

Álvaro Santos, valorou positivamente os avances que está realizando o Goberno Socialista en Madrid para sacar adiante a A-76. O socialista destacou a necesidade de mellora en infraestruturas na provincia de Lugo para poder vertebrarse, ser competitiva e cubrir as necesidades de mobilidade dos cidadáns.

Entende, así mesmo, que a comunicación con Ourense é imprescindible por unha cuestión de proximidade que crea vínculos económicos, sociais e incluso administrativos. A chegada da A-76 será fundamental, pois, para mellorar esa relación favorecendo a dinamización económica e social entre o sur de Lugo e Ourense.

Defendendo a acción política do seu partido neste tema, e tras a polémica na formulación da alternativa de trazado por Chantada, sinala que “dende o PSOE plantexamos o trazado máis eficiente, que en termos de comunicación e tempos, sería o previsto inicialmente. Se iso inflúe negativamente ou é un limitativo para poder desenvolver o territorio a través dunha figura como o recoñecemento de Patrimonio da Humanidade, Monforte e a súa comarca necesitarán buscar o trazado alternativo máis axeitado posible para que os comunique con Ourense. Polo tanto se é posible hai que desenvolver o trazado orixinal e que previsiblemente é o mellor para soportar o fluxo de persoas entre a comarca e Ourense pero se ten algún tipo de condicionante, é necesario analizar outras alternativas. Probablemente a máis viable sexa esa comunicación coa autovía de Chantada, tendo en conta  que A-76 está previsto que finalice en Coles, non no polígono de San Cibrao das viñas, por onde entra a actual estrada por Ourense”.

Para rematar, o Secretario Xeral do PSOE na Provincia puxo en valor que, dunha maneira ou doutra, este debate creado sobre o propio trazado é unha clara mostra de que o Ministerio de Fomento está comprometido a impulsar a autovía, a poñerse “mans á obra”. Segundo as súas palabras, a A-76 “por fin deixa de ser unha teoría para ser algo sobre o que se está traballando”.

 

 

 

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...