HomePolíticaO alcalde de Bóveda avanza co presidente da Xunta a construción dunha...

O alcalde de Bóveda avanza co presidente da Xunta a construción dunha praia fluvial no río Mao

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, vén de manter un encontro de traballo co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para abordar os principais proxectos de futuro do municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na reunión, que se celebrou no despacho do máximo mandatario galego en San Caetano, en Santiago de Compostela, ambos puideron avanzar nalgunha das iniciativas nas que traballa o Goberno local, como é o caso da construción dunha praia fluvial no río Mao, que se prevé emprazar nun espazo que puido coñecer o presidente na súa última visita a Bóveda.

Ambos os mandatarios trataron tamén sobre as posibilidades de solo industrial no Concello de Bóveda ante a alta demanda que existe. Aínda que estes foron os temas principais da xuntanza, tamén estivo sobre a mesa a aula forestal do viveiro dos Trollos, un espazo para o que o Goberno local conta co apoio da Xunta de Galicia a través de diferentes axudas.

O rexedor, José Manuel Arias, agradece a boa disposición do máximo mandatario autonómico de cara a colaborar cos proxectos en marcha e desexa que pronto sexan unha realidade. Destaca, así mesmo, o compromiso continuado da Xunta de Galicia coas iniciativas que o Goberno local vén levando a cabo no Concello de Bóveda.

A reunión forma parte dunha serie de encontros que vén de iniciar este ano o rexedor para conseguir apoios e axudas doutras administracións para levar a cabo “importantes iniciativas para o impulso da localidade”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...