HomePolíticaO PP de Monforte afea a actitude de Tomé no pleno, "menosprezando...

O PP de Monforte afea a actitude de Tomé no pleno, “menosprezando aos veciños da Florida”

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte acusan a José Tomé de “sectario e de non ser un bo alcalde” ao demostrar durante o pleno de xaneiro “ser selectivo á hora de decidir que problemas se solucionan no municipio, en función dos veciños que realizan as reclamacións”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, esixe ao alcalde que “se desculpe” con todos os veciños da Florida tras “burlarse das posibles incidencias que poidan suceder nesa zona, así como dos veciños por reclamar ao Concello de Monforte unha mellor sinalización para mellorar a seguridade neste punto”.

Katy Varela pregunta a José Tomé por que se nega a escoitar “as xustas reclamacións” dos veciños deste barrio: “pode que o alcalde non queira escoitar as peticións para mellorar a seguridade nesta zona do municipio porque os veciños acudiron ao PP para facerse escoitar”.

A voceira popular afea a actitude amosada durante todo o pleno polos membros do goberno local “realizando alusións a terceiras persoas que non estaban no pleno e non se podían defender, pero dando a entender que eran os propios veciños da Florida, que o único que fixeron foi reclamar maior seguridade para o seu barrio”.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte avanza na súa continuidade ao coñecer a posibilidade dunha candidatura á directiva

O interese expresado durante a asemblea, xunto co trasladado por teléfono por outros socios,...

Plácida Pérez Pazos, nova centenaria en Sober

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, achegouse este venres 30 de outubro a...

Mercado de Outono, este 31 de agosto na Praza de Abastos de Monforte

A celebración do mercado mantense, aínda que non se desenvolverán os actos institucionais, en...

A Deputación destina máis de 550.000€ é mellora de estradas en Pantón, O Saviñao e Paradela

A Deputación de Lugo aprobou este venres, na reunión da xunta de goberno, investimentos...