HomePolíticaO BNG demanda no Parlamento recursos para o Hospital de Monforte

O BNG demanda no Parlamento recursos para o Hospital de Monforte

Cig-Saúde denuncia que o arranxo do mamógrafo do Hospital Comarcal de Monforte "ten un sesgo de xénero inadmisible nunha sociedade igualitaria e por parte dunha administración pública".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta semana unha nutrida representación do Grupo Parlamentar do BNG acodía á concentración organizada polo BNG do Sur de Lugo, onde recolleron as queixas da poboación e e fixéronse eco das denuncias do persoal do hospital. Así rexistraban ao día seguinte, a iniciativa do deputado Iago Suárez Fernández e das deputadas Iria Carreira Pazos e Montserrat Prado Cores, unha Proposición non de lei, sobre a situación do hospital
comarcal de Monforte de Lemos.

O BNG sinala as eivas de atención e as peculiaridades da poboación que atende o hospital cun elevado avellentamento e dispersión poboacional, tamén recollen as queixas do persoal para solicitar o afortalamento da sanidade no sur de Lugo. Na proposición non de lei piden:

  1. Asegurar a atención sanitaria a toda a poboación dependente do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.
  2. Cubrir as prazas nas especialidades onde actualmente hai falta de profesionais (dixestivo, psiquiatría, rehabilitación, pediatría, radioloxía e laboratorio).
  3. Dotar no prazo dun mes ao hospital de Monforte de Lemos dun mamógrafo que funcione.”

Con respecto ao mamógrafo, a CIG-Saúde denuncia “sesgo de xénero”, porque hai informes para arranxalo desde hai 8 meses e non se toman solucións, “Se isto sucedese co TAC, ou calquera outro aparello de uso xeneralizado, ó día seguinte estaría o técnico aquí. O arranxo do mamógrafo só lle afecta ás mulleres, por iso non lles corre tanta presa. Que as mulleres se teñan que desprazar a Lugo dá igual, que os diagnósticos poidan ser erróneos, dá igual.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Oitenta e catro anos da traxedia da Balsada

Ademais dos corpos arrastrados na loita contra os franceses no século XIX, moitos foron...

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...

A ANPA do CEIP de Sober protesta pola “discriminación educativa” que padecen

A ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober protesta para manifestar a...

Samos acolleu a cuarta edición das Xornadas sobre actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña

A alcaldesa de Samos, Chus López, e a presidenta da SGPF, Isabel Gómez, abriron...