HomePolíticaAgroma Sober esixe á Deputación solucións urxentes para a estrada provincial de...

Agroma Sober esixe á Deputación solucións urxentes para a estrada provincial de Sober a Canaval

Agroma Sober tiña rexistrado un rogo no concello para que se traslade á Deputación de Lugo que se acometan canto antes as medidas provisionais necesarias para garantir a seguridade viaria na estrada LU-P-5901 (Sober-Canaval) namentres non se repara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A estrada provincial 5901, que une Sober con Canaval leva anos con múltiples fochancas e cun tramo estragado pola escorrentía de augas dende a ladeira de Sistín do Mato. Explican desde Agroma Sober que está previsto que ADIF amañe a estrada, pero consideran “necesario actuar con medidas de seguridade namentres non se resolven os problemas. A estrada é perigosa, sobre todo cando chove, coma estes días, e pode provocar saídas de vía”.

Consideran que mentres non se arranxa, sería necesario que se volvera parchear ou, canto menos, que se coloquen sinais de perigo e redución de velocidade, especialmente no tramo inundable por baixo de Sistín do Mato. De feito, tamén solicita Agroma Sober trasladar á Deputación de Lugo e a ADIF a necesidade de que o futuro proxecto de mellora da estrada LU-P-5901 (Sober-Canaval) contemple unha solución estrutural para o tramo inundable á altura de Sistín do Mato.

Así mesmo, a estrada de Vilela (estrada municipal á que se accede desde esta vía provincial) presenta problemas similares, tamén moi afectada polas correntes de auga, polo que tamén piden ao Concello unha solución. “Tomé vai destinar case 60.000 € ao asfaltado dun camiño que non leva a ningures en Antas de Ulla, para seguir enterrando cemento nun suposto Parque Central de Galicia que só está destinado a facer propaganda da Deputacion e do seu Presidente. Entende Agroma Sober-IGV que o prioritario debería ser manter en bo estado as vías provinciais máis utilizadas, coma esta estrada Sober-Canaval, que está en estado lamentable” conclúen.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...