HomePolíticaO BNG de Monforte esixe solucións inmediatas no depósito de auga de...

O BNG de Monforte esixe solucións inmediatas no depósito de auga de Moreda

Desde o Bloque Nacionalista Galego de Monforte denuncian a inacción do equipo de goberno ante a grave situación do depósito de auga de Moreda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No último pleno, o BNG presentaba un rogo solicitando a reparación do depósito, “xa que presenta fendas que provocan a perda constante de auga clorada, cun importante custo tanto económico como medioambiental”.

“Entendemos que antes do pleno o goberno municipal puidera descoñecer o problema, pero unha vez advertidos da situación, deberían actuar con urxencia.” Di Emilio J. Sánchez, voceiro municipal do BNG. A perda de auga non só afecta o servizo da traída, senón que estas fendas seguen aumentando co tempo, agravando o problema e encarecendo a súa solución.

Os nacionalistas solicitan que, mentres non se acometa unha reparación integral, se realice “de inmediato un parcheado provisional para frear a vertedura e evitar que a situación empeore”. E aseguran que seguirán esixindo solucións inmediatas para evitar que os problemas estruturais do depósito deriven en consecuencias máis graves.

Depósito de auga de Moreda / BNG

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...