HomePolíticaEsperta Monforte leva ao pleno a situación do mamógrafo do Hospital e...

Esperta Monforte leva ao pleno a situación do mamógrafo do Hospital e incrementar a subvención do CCU

O grupo municipal de Esperta Monforte presenta varias iniciativas ao pleno deste último luns de mes no concello de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por unha banda Esperta Monforte presenta unha moción sobre o mamógrafo do Hospital Comarcal, que sofre unha avaría que afectou gravemente á calidade do servizo de diagnóstico por imaxe, motivo polo que se están derivando pacientes a Lugo.

Desde Esperta Monforte consideran que esta situación é inaceptable e que se deben tomar medidas inmediatas para restablecer o servizo no hospital, evitando desprazamentos innecesarios e garantindo unha atención sanitaria de calidade. Coa moción demandan:

  1. Solicitar á Consellería de Sanidade que o servizo de mamografías volva realizarse en Monforte coa maior brevidade posible, evitando o desprazamento das pacientes a Lugo.
  2. Esixir á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia que, con carácter urxente, proceda á reparación integral do mamógrafo do Hospital de Monforte ou, no seu defecto, á adquisición e instalación dun novo equipo que permita restablecer o servizo coas máximas garantías.
  3. Reclamar á Consellería de Sanidade que elabore un rexistro de todas as pacientes que se someteron a mamografías no Hospital de Monforte desde o inicio da avaría e que se lles oferte a posibilidade de poder ser citadas novamente para repetir as probas en condicións óptimas, garantindo o seu dereito a un diagnóstico preciso.
  4. Instar ao Concello de Monforte de Lemos a dar traslado desta moción a: Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte.
    Dirección do Hospital Público de Monforte de Lemos. Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Medios de comunicación locais e provinciai

Noutra moción solicitan incrementar a subvención que anualmente recibe o Centro Comercial Urbano. Segundo Esperta Monforte o CCU percibe 52.000€ en subvencions da Xunta De Galicia e do concello, 12.000€. O CCU conta con 160 socios e desde Esperta consideran que, “o comercio é un sector a defender, valorar e apoiar dende este concello, polo que se debería traballar para incrementar a asignación como subvención nominativa dende este concello”.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...