HomePolíticaPor Chantada pide que o Balneario de Mouriscados sexa declarado BIC

Por Chantada pide que o Balneario de Mouriscados sexa declarado BIC

Por Chantada reclama que se actúe contra o "abandono" do patrimonio histórico e cultural do municipio, en casos como o convento de San Salvador de Asma e o balneario de Mouriscados

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Así, no caso de San Salvador de Asma, Por Chantada leva solicitando que se actúe desde 2015, cando apoiaron que se declarase BIC, e desde 2017, ano no que se presentou unha moción para que o Concello adquirise a propiedade, “algo que a corporación non fixo, e provocou a actual situación de desleixo”, aseguran Por Chantada.

Lembran tamén que no ano 2019, Por Chantada, a través da deputada Paula Vázquez Verao, denunciou no Parlamento da Galicia actuacións levadas a cabo sen licenza en dito convento, xa por aquel momento Ben de Interese Cultural. Igualmente a Valedora do Pobo elevou ao parlamento no seu informe anual a situación do mosteiro e as queixas de Por Chantada, “mais non houbo vontade real de actuación desde o PP”. No 2022 Por Chantada volvería a presentar moción para impulsar un plan de especial protección (PEP) para o convento de San Salvador de Asma, pero o PP votou en contra. “Se Xunta e Concello tivesen actuado tal e como se propuxo en numerosas ocasións desde Por Chantada, na actualidade o mosteiro seguiría contando coa portada románica e co claustro, desaparecidos neste momento, así como moita outra pedra e materiais que foron extraídos”, aseguran.

Agora destacan tamén a situación do Balneario de Mouriscados que “pese a funcionar durante a maior parte do século pasado, atópase agora nunha situación de abandono total, sen que desde a Corporación municipal se mova ficha para adquirir a propiedade e poder volver a dotar de vida o espazo”.

Por Chantada – Interior Galego Vivo entende que o goberno municipal debe tramitar perante a Xunta o recoñecemento do Balneario de Mouriscados como ben de interese cultural (BIC), “Entendemos que se trata da figura de protección máis adecuada para poñer medios para a súa restauración como espazo público e accesíbel”. Reclaman tamén unha sinalización axeitada do mesmo cun acceso en condiciós e elaborar material divulgativo do noso patrimonio para ofrecelo tanto fisicamente na Oficina de Turismo coma de xeito dixital.

Mouriscados / Por Chantada

ÚLTIMAS

O PP da Pobra do Brollón pide maior planificación das obras

Teddy López realiza esta petición despois de ver como esta semana foron moitos os...

Abre a tempada de Rutas Fluviais na Ribeira Sacra con 15.453 reservas

A tempada 2025 das rutas fluviais pola Ribeira Sacra comeza cunha gran acollida por...

3CUMIOS, levando o nome da Ribeira Sacra ao máis alto

A Expedición Huascarán 2025 levaraos á Cordilleira Branca en Perú, a unha altitude de...

Ribeira Sacra fórmase en Novas Tecnoloxías IA para o sector vitícola

A iniciativa, tal e como explica a CEL, foi unha oportunidade única para coñecer...