HomePolíticaO PP de Monforte fala de "oposición construtiva" nun encontro con afiliados...

O PP de Monforte fala de “oposición construtiva” nun encontro con afiliados e simpatizantes

O PP de Monforte celebra un encontro de traballo con afiliados e simpatizantes para dar conta do feito nos últimos meses e para pulsar a opinión dos veciños e recoller novas propostas de cara a manter "unha liña de oposición construtiva e propositiva para acadar o crecemento do municipio".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, explica que “este tipo de xuntanzas son necesarias e moi positivas xa que sempre hai que dar participación á veciñanza para coñecer todas as necesidades existentes no municipio, así como para explicar o traballo que realizamos”.

Os concelleiros populares repasaron todo o traballo destes últimos meses, dende todas as xuntanzas realizadas con veciños, asociacións e entidades, así como as diferentes mocións, rogos e preguntas defendidas no pleno. Explicaron a situación en torno á polémica xurdida pola suba do recibo da recollida do lixo “que unicamente se debe ao tasazo imposto por Pedro Sánchez que decidiu aplicalo en lugar de facer como outros países europeos, que decidiron non aplicar esta suba”.

Tamén se abordou a situación do saneamento e o abastecemento. “Vemos como Tomé fixo un anuncio dun investimento millonario que agardamos sirva para mellorar a situación, xa que moitas parroquias carecen destes servizos básicos e na cidade os cortes son constantes por mor das roturas nas canalizacións”, ao que engaden que “esperamos que este investimento si se materialice, non como noutros anuncios que quedaron en promesas que levou o aire”.

Ademais, os populares cualificaron o seu traballo como “unha oposición construtiva, humilde, cercana á cidadanía e ilusionante”, na que a acción de traballo segue estruturada en sete bloques:

  • Un concello comunicativo e transparente para toda a cidadanía
  • Benestar social, igualdade e inclusión para todas as idades e colectivos
  • Medio ambiente, sostibilidade e limpeza en continuo coidado
  • Economía, comercio local, empresas e rural apoiados e potenciados
  • Turismo, cultura e educación promocionados e dixitalizados
  • Urbanismo, mobilidade e redes modernizadas en todos os lugares
  • Zonas deportivas e de descanso ampliadas e renovadas

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...