HomePolíticaO PP de Monforte insiste en aumentar a vixilancia na circulación de...

O PP de Monforte insiste en aumentar a vixilancia na circulación de patinetes eléctricos

A voceira popular, Katy Varela, explica que "ante as numerosas queixas da veciñanza" levaron un rogo ao último pleno ordinario para instar ao equipo de goberno a realizar algún tipo de campaña ou aumentar a vixilancia sobre este tipo de vehículos de mobilidade persoal “e o silencio de José Tomé ao respecto foi algo que nos chamou poderosamente a atención”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A popular explica que “normalmente o alcalde ten algún tipo de resposta ás preguntas e rogos que lle formulamos no pleno”, pero “nesta ocasión sorprendeunos o seu silencio”.

Os populares aseguran recibir cada vez máis queixas dos monfortinos sobre o uso que algúns dos usuarios deste tipo de vehículos lle dan aos mesmos cando está prohibida a súa circulación por beirarrúas e zonas peonís. “A realidade é que cada vez son máis as incidencias en zonas peonís e a xente maior ten medo de recibir algún golpe deste tipo de vehículos, motivo polo que instamos ao alcalde a aumentar a vixilancia”, sinalou.

Un silencio que “non entendemos” no Partido Popular xa que contrasta co aumento de vixilancia que realizou na circulación e estacionamento de coches en zonas peonís “a pesar de que se deteñan unicamente para realizar labores de carga e descarga, algo que pediron comerciantes e empresarios de Monforte e que Tomé se negou a escoitar”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...