HomePolíticaO BNG de Monforte renova Consello Local e elixe a Manuel Luaces...

O BNG de Monforte renova Consello Local e elixe a Manuel Luaces como responsable local

O BNG de Monforte inicia así unha nova etapa "coa vontade de seguir medrando e de ser un referente na vila".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Asemblea Local do BNG de Monforte vén de elixir a Manuel Luaces como responsable local, xunto cun renovado Consello Local que combina experiencia e renovación. A dirección local queda conformada por: Candela López, Emilio Sánchez, Rosana Somoza, Alan Damián, Chelo Díaz, Xosé Lois Cortés, María Luísa López e Gabriel Díaz.

Na súa intervención, Luaces destacou o compromiso do grupo para fortalecer a organización en Monforte. Entre os obxectivos prioritarios para os vindeiros anos, sinalou o aumento da militancia, a dinamización do local mediante actividades abertas á cidadanía e a consolidación do BNG como unha forza política clave na cidade.

Así mesmo, fixo un chamamento á participación activa da militancia e á unidade do colectivo para continuar avanzando nun proxecto transformador para Monforte e para Galicia. “A nosa prioridade é sumar máis persoas a este proxecto e demostrar que o BNG é un espazo de portas abertas onde todas as sensibilidades teñen cabida. Queremos que a xente non só se achegue, senón que se sinta parte activa desta loita colectiva”, subliñou.

O responsable local tamén quixo recoñecer o traballo do Consello Local saínte e destacar a figura de Iván Merayo, “cuxo esforzo e dedicación son fundamentais para a organización a nivel local e comarcal”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...