HomePolíticaAlegacións de Por Chantada ás ordenanzas que regulan a venda ambulante

Alegacións de Por Chantada ás ordenanzas que regulan a venda ambulante

Por Chantada formula alegaciós ás ordenanzas que van regular a venda ambulante no Concello de Chantada, substituíndo a actual ordenanza de 1989, e lembra o mal estado en que se encontra o mercado gandeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por Chantada – Interior Galego Vivo formula 13 alegaciós ás ordenanzas que regulan a venda ambulante. Consideran que os textos deben ser mellorados, a burocracia simplificada e cómpre aclarar os coeficientes que se usan para as fórmulas dos tributos. Das alegacións presentadas destacan:

  • A localización dos postos en Xoán XXIII mantendo o abandono na Praza do Comercio e o Casco antigo parécenos un erro, os cascos antigos non poden ser decorados para turísticos, deben ter vida e está acreditado que historicamente era a localización de numerosos postos.
  • O plan de seguranza e os técnicos de revisión das atraccións e postos teñen que estar homologados e ser o rexistro público.
  • As persoas e postos autorizados deberían formar parte dun censo público e accesíbel por parte de toda a cidadanía, para alén das credenciais que deban ter fisicamente no lugar de venda.
  • A venda automática mediante máquinas non debe excluírse da ordenanza e debe ser taxada e regulada a súa instalación, sempre que ocupen espazo público.
  • Non ten sentido excluír parroquias do concello da venda de excedentes da agricultura familiar nas inmediaciós da praza de abastos, como fai na ordenanza o PP, debendo todas as parroquias ficaren incluídas e a posibilidade de que a venda de produtos locais se manteña e mesmo se reforce como sinal de indentidade e piar da soberanía alimentar.
  • É excesiva a burocracia que se deriva da ordenanza no caso de feiras e venda ambulante, debendo simplificarse na medida do posíbel os trámites para evitar que mingüen os postos e, xa que logo, a oferta.
  • Falta transparencia nos coeficientes das fórmulas empregadas. Entendemos que o criterio dos m2 da anterior ordenanza é máis uniforme e equitativo, polo que debe manterse, fronte á actual proposta que mestura m2 nalgúns casos con  “postos” que parten de escuros coeficientes.

Por último, Por Chantada lembra que é unha neglixencia e unha irresponsabilidade ter as terrazas de Chantada nun limbo, “xa que é malo para os negocios en canto seguridade xurídica e cobertura dos seguros perante algún feito accidental; non promove a igualdade e a transparencia nas regras que favoreza tamén aos peóns; e, por último, compromete a facenda pública nos casos en que o Concello sexa responsábel civil subsidiario en caso de accidente”, conclúen.

ÚLTIMAS

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario...

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de...

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

"Reboiras: Acción e corazón" aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante...

O PP de Monforte esixe ao Concello de Monforte sinalizar Ribas Altas como “zona non apta para o baño”

A voceira popular, Katy Varela, explica que xa levan anos pedinso ao goberno de...