As candidaturas presentes lanzan o manifesto “Agora Galicia”, aberto a cambios e incorporacións, coa vontade de sumar máis proxectos locais – algúns dos cales xa amosaron a súa disposición a unírense – e escolle un grupo de coordinación. As agrupacións presentes insistiron na necesidade de tecer rede entre os proxectos municipalistas de base, para apoiarse no traballo local que, moitas veces, “se topa cun caciquismo asentado”. Así, acordaron avanzar nunha confederación de asembleas locais para apoio mutuo a nivel de traballo municipal e asistencia xurídica.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

