HomePolíticaO PP da Pobra do Brollón pide maior planificación das obras

O PP da Pobra do Brollón pide maior planificación das obras

O voceiro do PP na Pobra do Brollón, Teddy López, pide ao Concello que “cando se vaian a realizar obras ou reparacións nas estradas de titularidade municipal se advirta coa suficiente antelación para causar as mínimas molestias aos veciños”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Teddy López realiza esta petición despois de ver como esta semana foron moitos os veciños que sufriron numerosas molestias ao comprobar que a estrada que dá acceso ao núcleo de Salcedo estaba cortada por obras “sen ningún tipo de alternativa á circulación”, unha circunstancia que “ocasionou numerosos inconvenientes aos veciños”, como ter que buscar rutas alternativas para chegar as súas casas, “moitas delas tamén cortadas, ou a imposibilidade de recibir mercadorías que tiñan previsto recibir ao non ter sinalados outros accesos”.

Tras estes problemas, o voceiro popular agarda que dende o Concello da Pobra do Brollón “se planifiquen mellor as obras de agora en diante” así como que se comuniquen con antelación. “Todos entendemos que as obras provocan molestias, pero estas poden minimizarse advertindo dos traballos con antelación e indicando as rutas alternativas para a mobilidade”, finalizou.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...