HomePolítica “Inta, un goberno dócil coas grandes empresas e indolente cos veciños”, aseguran...

 “Inta, un goberno dócil coas grandes empresas e indolente cos veciños”, aseguran os socialistas chantadinos

No pleno extraordinario solicitado pola oposición para esixir a apertura dun expediente a Viaqua, empresa concesionaria do servizo de augas en Chantada, Inta rexeitaba a apertura do expediente.

Publicado o

- Advertisement -

Informes dos servizos municipais de Chantada recollen que Viaqua, empresa concesionaria do servizo de abastecemento, saneamento e depuración de augas deste concello, estivo vendendo auga en cisternas, actividade para a que non disporía de competencias. O informe recolle textualmente “A actuación descrita non se axustaría á legalidade prevista nos pregos, en canto a que a concesionaria non pode vender a auga nin permitir o seu consumo a un terceiro, salvo nos supostos de alta de suministro con nova acometida e contador.

Nesta situación PsdeG-PSOE, PP e Por Chantada solicitaron a celebración dun pleno extraordinario esixindo a apertura dun expediente a Viaqua, pero a iniciativa foi rexeitada polo equipo de goberno. Para os socialistas este proceder contrasta coa rigurosidade coa que se trata, por exemplo, os atrasos do IBI, o que leva ao PSOE a afirmar que Inta ” é un goberno dócil coas grandes empresas pero indolente cos veciños e veciñas máis humildes. Esta laxitude de Manuel Varela é reiterada, xa que VIAQUA é herdeira da tristemente famosa AQUAGEST, aquela á que xa se lle concedera unha máis que cuestionable prórroga da concesión do servizo incluindo a chapuceira obra da Rúa Xoán XXIII.”

Segundo os socialistas e Por Chantada, a apertura do expediente é un mecanismo para realizar a investigación detallada do acontecido e tomar as medidas sancionadoras que corresponda, pero non será desde a administración local que se tome a iniciativa; si se acordou por unanimidade derivar o expediente a Augas de Galicia e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para solicitar un informe sobre a posibilidade de sancionar a Viaqua.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...