HomesociedadeChantada acolle un obradoiro sobre o emprego de pinturas naturais na construción

Chantada acolle un obradoiro sobre o emprego de pinturas naturais na construción

A Xunta, a través da Fundación Pública Artesanía de Galicia, impulsa este luns e martes, en San Cristovo de Mouricios (Chantada) o obradoiro As cores naturais na construción actual, para dar a coñecer a riqueza dos pigmentos naturais autóctonos de cada territorio e a evolución do seu uso ao longo do tempo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou este luns aos participantes na actividade, que esgotou as prazas dispoñibles. O encargado de impartila é Luis Prieto, mestre artesán da construción vernácula, especializado en estucos de cal e xeso artesanais, en revestimentos tradicionais con pigmentos de orixe natural e na arqueoloxía experimental.

O programa céntrase no estudo das terras naturais; óxidos e as súas diferenzas; extracción e elaboración de materias colorantes; moído de pigmentos e o uso da cor. Complétase cunha parte práctica de elaboración de pintura con diferentes elementos como madeira, leite, ovo, sodio ou cal, para crear un mostrario de materiais e técnicas que lles sirva de guía aos participantes.

O curso está enfocado a visibilizar as técnicas de elaboración dos materiais coloreados para aplicar en construción, o que resulta máis sostible, estético e humano, e permite preservar o vínculo coa identidade paisaxística local.

O taller dá continuidade ás xornadas Oficio, arquitectura e territorio, que se desenvolveron durante esta fin de semana no mesmo lugar. O obxectivo é crear un espazo de encontro entre a arquitectura e os oficios ligados á construción, así como incidir na relación das culturas construtivas co carácter propio de cada territorio.

Obradoiro pinturas naturais construción / Delegación territorial

ÚLTIMAS

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...