HomePolíticaO BNG urxe axilizar as obras de reparación e mellora da N-120

O BNG urxe axilizar as obras de reparación e mellora da N-120

O deputado do BNG, Néstor Rego, adscrito ao Grrupo Mixto formula varias preguntas ao Goberno para a súa resposta escrita relativas á necesidade de emprender actuacións de rehabilitación e mellora da N-120, especialmente ao seu paso polos Concellos de Quiroga ou Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG ten denunciado, a través de distintas iniciativas parlamentares, o mal estado xeral e a necesidade de actuacións urxentes en distintos tramos da N- 120, reclamando un plan integral para a súa mellora. Cabe lembrar, por exemplo, que o tramo entre Pantón e Os Peares está entre os de maior sinistralidade do Estado e que foi considerado o traxecto máis perigoso nos informes do RACE durante varios anos atendendo á súa alta sinistralidade.

Outro tramo en mal estado é o que atravesa o Concello de Quiroga, lugar en que poden apreciarse fondas fochancas e fendas no firme. Así entre Quiroga e Augasmestas, a capa de rodadura está nun estado deplorábel o que implica un maior risco de accidentes e de danos para os vehículos que circulan.

Unha situación que empeora en períodos de intensas chuvias como os producidos no trimestre invernal, en que as fochancas agrándanse, ao tempo que son máis difíciles de esquivar por estar cubertas pola auga, favorecendo os accidentes e as avarías.

Ao mal estado do firme, neste mesmo tramo, súmase a falta de conservación das marxes, en que o crecemento da vexetación invade as beiravías e dificulta a visibilidade. Aínda que en decembro pasado o Ministerio de Transportes adxudicaba un contrato para a conservación de estradas titularidade do Estado en Lugo que, en teoría, tamén beneficiaría a N-120, este tramo continúa sen recibir as actuacións de reparación e mantemento que son tan imprescindíbeis e urxentes.

Por tanto, o BNG, ao igual que o conxunto da veciñanza das comarcas que atravesa a N-120 e todas as persoas usuarias, reclama que se axilicen as actuacións e que se acometan, á maior brevidade, as obras para o acondicionamento da N-120 en todos os tramos en mal estado. Preguntas dirixidas ao Goberno:

  • Cando vai o Goberno a levar a cabo as actuacións de mellora e rehabilitación do firme da N-120 contempladas no contrato adxudicado en decembro pasado para a conservación de estradas estatais en Lugo?
  • Non cre que se deberían axilizar estes traballos dado o mal estado de moitos dos seus tramos, como ao seu paso polo municipio de Quiroga, con numerosas fochancas e fendas?
  • Ten previsto tamén acometer labores de limpeza das marxes da estrada nesta zona para mellorar a visibilidade?
  • Cando prevé executar a mellora do tramo situado entre Pantón e Os Peares da N-120, un dos tramos de maior sinistralidade do Estado?

ÚLTIMAS

O BNG inicia unha campaña de reivindicación do arranxo integral da N-540

O BNG inicia unha campaña de denuncia e reivindicación permanente do arranxo integral da...

A XXI Feira Medieval de Monforte presenta cartel e vídeo promocional

Monforte presenta a campaña promocional da vinteunha edición da Feira Medieval de Monforte, que...

Quiroga acolle o 5 e 6 de abril unhas xornadas formativas para para pilotos de parapente

Os vindeiros 5 e 6 de abril, a localidade de Quiroga converterase no epicentro...

Este 3 de abril comezan no centro cívico de Monforte os talleres “Constrúe a túa saída laboral no sector dos coidados”

Co obxectivo de mellorar a inserción laboral no sector sociosanitario, a Fundación Acción contra...