HomePolíticaO PP pedirá no pleno un plan de mellora das zonas de...

O PP pedirá no pleno un plan de mellora das zonas de ocio

Os populares aseguran que poder empregar as zonas de ocio públicas ao longo de todo o ano debería de ser un dos fins a garantir dende o Concello de Monforte, "pero non sucede así". Polo que defenderán no pleno deste luns que o concello prepare un plan de mellora das infraestruturas de ocio da cidade para que o seu uso sexa máis amplo e en mellores condicións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, explica que, pese a que son numerosas as zonas de lecer en Monforte, non todas sen pode empregar durante todo o ano xa que non están preparadas para a climatoloxía de cada estación, así como “non se realiza o mantemento adecuado, o que impide en moitos casos o seu uso”.

A falta de mantemento é unha das principais reivindicacións realizadas dende o Grupo Municipal Popular durante os últimos anos, “polo que urxe que dende o goberno de José Tomé se tomen en serio o mantemento para poder ter estas zonas de lecer sempre en boas condicións”.

Unha falta de mantemento e de mala planificación da que os concelleiros populares poñen varios exemplos:

  • O parque do hospital carece de árbores que dean refuxio a situacións climatolóxicas adversas, sobre todo como pode ser o calor de verán ou as choiva en inverno, polo que é necesario instalar unha cuberta
  • O parque da Compañía necesita melloras de iluminación xa que é escasa
  • Outras zonas recreativas tamén teñen mala iluminación, como a ladeira de San Vicente, o Paseo do Malecón ou o do Río ata Piñeira. Estes espazos amosan moitos puntos de luz fundidos e sen correcta reposición

“Este equipo de goberno presume de inversións millonarias pero de nada vale se logo este lugares non poden ser desfrutadas polos cidadáns por falta de previsión, mantemento e rehabilitación”, denunciaron.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...