HomePolíticaUnanimidade na demanda de rehabilitación urxente da N-540 entre Lugo e Ourense

Unanimidade na demanda de rehabilitación urxente da N-540 entre Lugo e Ourense

A veciñanza de Chantada e outras persoas usuarias da N-540 cortaron o tráfico o pasado venres nesta estrada á altura da subestación de Merlán. Estes cortes repetiranse os días 11 e 25 de abril na mesma localización, co obxectivo de visibilizar o descontento coa situación desta estrada entre Lugo e Ourense que presenta treitos con moitas fochancas que a fan moi perigosa

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Mentres as persoas usuarias da N-540 se mobilizan reclamando solucións, o BNG segue coa campaña na que demandan o arranxo integral e urxente desta vía. O deputado Néstor Rego formulou diversas preguntas dirixidas ao Goberno para a súa resposta escrita relativas á necesidade de acurtar os prazos para a execución das obras de rehabilitación da N-540 Lugo-Ourense.

En febreiro do 2024 o Ministerio de Transportes anunciaba 11 millóns de euros para a rehabilitación do firme da N-540 na provincia de Lugo, entre os quilómetros 0 ao 68,900. Aseguran os nacionalistas que o prazo de execución destas obras pasou de 18 meses a 38 e insisten en que “ese retraso na execución implicará obrigar ás persoas usuarias deste vía, a seguir circulando por unha estrada perigosa e a convivir durante todo ese tempo coas obras, que tamén dificultarán o tránsito”.

Segundo o BNG é posible e necesario axilizar os traballos nesta estrada para garantir a seguridade polo que plantexaron as seguintes preguntas:

  • Atenderá o Ministerio de Transportes a demanda unánime dos sectores sociais, económicos e políticos e reducirá os prazos de execución fixados nas obras de rehabilitación do firme da N-540 no tramo lugués?
  • Cales foron as razóns que levaron ao Ministerio a manter o dilatado prazo de execución de tres anos (38 meses) a pesar da urxencia das actuacións cando estas obras se podían ter feito en 18 meses, tal e como se estabeleceu no inicio?
  • Que disposición ten o Ministerio de revisar o prazo para que se axilicen as obras? A que se debe o parón na execución que se produciu desde o verán pasado?
  • É consciente do mal estado da N-540 ao seu paso polos municipios lugueses de Chantada, Taboada, Guntín, Lugo e Carballedo?
  • E do deterioro do firme nos municipios ourensáns da Peroxa, Vilamarín e Coles?
  • Ten o Ministerio previsto iniciar obras de reparación e mellora tamén no tramo ourensán da N-540? De ser así en que consistirían e cando darían comezo?
  • Comparte o Ministerio que esta vía inzada de fochancas, buratos e fendas debe ser obxecto dunha actuación urxente e planificar unha reparación integral da estrada no seu conxunto para así reducir o risco de accidentes e mellorar a seguridade viaria?

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...