HomePolíticaO BNG de Taboada demanda actuacións urxentes na N-540 e chama a...

O BNG de Taboada demanda actuacións urxentes na N-540 e chama a unha manifestación o 3 de maio

Con esta iniciativa fan un chamamento a toda a cidadanía para que se una a esta causa, considerando que a mobilización é clave para que as demandas sexan atendidas e para que a N-540 reciba a atención que merece por parte da administración competente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O grupo municipal do BNG de Taboada vén de presentar unha moción que será debatida na próxima sesión ordinaria do Pleno do Concello de Taboada co obxectivo de instar ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible a que leve a cabo de forma inminente o arranxo da N-540, unha vía fundamental para a comunicación e o desenvolvemento do municipio.

A N-540 non só é unha arteria vital para a mobilidade dos veciños e veciñas de Taboada, senón tamén unha vía de acceso esencial para o transporte de mercadorías e para o turismo do municipio. O portavoz do BNG e tenente de alcalde de Taboada, José Portela, destacou que “o estado actual da estrada é alarmante e representa un perigo constante para todos os usuarios, incluíndo automobilistas, ciclistas e peóns, e non podemos permitir que a falta de acción continúe poñendo en risco as vidas de todos e limite o potencial económico da zona “

En particular, queren chamar a atención sobre zonas críticas como o paso por Meixonfrío, Vilameñe e Vilela, “onde o estado da estrada é alarmante, cun firme deteriorado, fochancas e irregularidades que dificultan a circulación e aumentan o risco de accidentes. A N-540 debe ser un lugar seguro para todos os usuarios da estrada e non se pode permitir que a inacción leve a consecuencias tráxicas”.

Ademais, o BNG de Taboada fai un chamamento ao consenso entre todas as forzas políticas para convocar o día 3 de maio unha mobilización aberta a toda a veciñanza. “Convocamos a todos e todas a participar na manifestación que terá lugar o 3 de maio de 2025 ás 12:00h, co fin de reclamar de maneira unitaria e contundente que o arranxo da N-540 e dos accesos ao núcleo urbano, por Mordadiz (Moreda) que tamén dependen do Ministerio de Transportes, sexan unha prioridade.”, anima José Portela.

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...