HomePolíticaNova concentración na N-540 para esixir do Goberno Central o seu arranxo...

Nova concentración na N-540 para esixir do Goberno Central o seu arranxo inmediato

Este venres desenvolveuse unha nova mobilización veciñal na N-540, á altura de Merlán, Chantada, reclamando ao Goberno central o seu arranxo inmediato

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Grupo Provincial Popular participou este venres na concentración da N-540, mobilizacións que promove a cidadanía e das que participan tamén os alcaldes dos concellos afectados.

O voceiro provincial do PP, Antonio Ameijide lamenta que non se saiba nada do arranxo anunciado por Pedro Sánchez, ante a falta de mantemento evidente, “con treitos nos que a seguridade viaria non existe, seguiremos ao carón dos veciños e realizaremos todas as reclamacións que sexan necesarias ata que a N-540 estea en boas condicións e sexa segura”.

Lembran os populares que esta estrada é fundamental para a provincia de Lugo xa que “non podemos esquecer que é a única conexión coa Alta Velocidade ferroviaria xa que o Goberno de Pedro Sánchez non prevé que este servizo estratéxico chegue a nosa provincia”

Ameijide recorda que defenderá unha moción para que toda a corporación amose o seu apoio a reclamar ao Goberno do Estado o arranxo “urxente e inmediato desta estrada. O acordo é moi sinxelo, ou se está do lado dos veciños e da seguridade viaria ou se está do lado da discriminación que Pedro Sánchez aplica aos lucenses”, conclúe.

Concentración N-540 iniciativa popular / PP provincial

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte celébrase baixo a chuvia

O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

Unha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego na provincia

A Deputación de Lugo vén de anunciar o lanzamento dunha APP móbil gratuíta, DeputaciónLugo...

Pantón homenaxea á súa bibliotecaria Milagros Pardo

Milagritos, a bibliotecaria Milagros Pardo, recibirá unha homenaxe o vindeiro 24 de maio en...

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...