HomePolíticaO PP pídelle á Deputación que inicie os trámites para a construción...

O PP pídelle á Deputación que inicie os trámites para a construción da residencia de maiores de Folgoso do Courel

O Grupo Provincial Popular defenderá no pleno deste mes unha iniciativa para pedir á Deputación de Lugo que inicie de inmediato os trámites para a construción da residencia de maiores de Folgoso do Courel, comprometida dende o ano 2018.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa presentouna en rolda de prensa o voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, acompañado da alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, e dos deputados provinciais Héctor Corujo e Jesús Núñez. Antonio Ameijide explicou que “PSOE e BNG teñen que cumprir con todos os veciños de Folgoso do Courel, que levan oito anos agardando a contar con este centro de atención a maiores unha necesidade moi importante no municipio”.

Neste senso, o voceiro popular pregunta a José Tomé “por que esta residencia está completamente paralizada”, a pesar de que dende o Concello de Folgoso do Courel cumpriron con todas as obrigas que lles asignaba o convenio asinado, entre as que se atopan a posta a disposición dos terreos, no ano 2019, e, posteriormente, a resolución da licenza de obra, o 13 de xaneiro de 2022, despois de que a Deputación de Lugo corrixise os numerosos erros detectados no proxecto que inicialmente se presentase dende o goberno provincial.

“Agardamos que as cores políticas que gobernan cada concello non teñan nada que ver na decisión de PSOE e BNG xa que estarían a demostrar que son sectarios e que para eles hai lucenses de primeira e de segunda”, denunciou.

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, explica que “a moción que defenderá o Grupo Provincial Popular é o reflexo do sentir de toda a veciñanza de Folgoso do Courel” e recordou que “no pleno de febreiro a corporación acordou, a iniciativa do PP, reclamar á Deputación que inicie os trámites necesarios para a construción desta infraestrutura”.

Lola Castro sinala que “os veciños de Folgoso do Courel non merecen estar sometidos a este desprezo continuo, dando largas a un proxecto tan necesario nun municipio destas características, cunha poboación con idades moi avanzadas e con gran dispersión xeográfica, sendo o máis afastado na provincia de todos os servizos”

10 anos sen residencia

No ano 2015 comezaron as conversas para a creación do convenio inter administrativo entre o Concello de Folgoso do Courel e a Deputación de Lugo, un acordo que se asinou en 2018 e que tivo que prorrogarse en dúas ocasións.

Segundo este convenio, o investimento necesario estimouse en 1.400.000€, dos cales a Deputación aportará 1.200.000€ e se encargará, entre outros cometidos, de licitar, adxudicar e xestionar os contratos de obra e servizos precisos, correspondendo ao Concello de Folgoso do Courel achegar 200.000€ e, entre outros, aportar os terreos necesarios para a construción da residencia e o centro de día.

O 11 de decembro de 2019 se solicitou a prórroga do convenio xa que remataba a finais dese  ano e se asinou a prórroga da addenda ao convenio entre a Deputación de Lugo e o Concello de Folgoso do Courel para a execución dos fins comúns consistentes na construción de residencia e centro de día da terceira idade, aprobada anteriormente na xunta de goberno do 23 de xaneiro do 2018 e rectificada na xunta de goberno provincial do 23 de xaneiro do 2020, ampliando ata o 31 de decembro do 2021.

Neste tempo, o 18 de xuño de 2020, a alcaldesa de Folgoso do Courel mantivo unha reunión co presidente da Deputación para tratar, entre outros temas, a construción da residencia, manifestando José Tomé “o seu total compromiso, tal e como se constata na addenda ao convenio de seguir adiante coa tramitación para sacar a construción da residencia adiante”.

Visto que a finais do ano 2021 se asinou segunda addenda de prórroga, tendo como data límite para a construción da residencia o mes de xullo de 2025. Incluso, Lola Castro solicitou unha nova xuntanza con José Tomé, que finalmente foi co deputado delegado, Pablo Rivera, onde se explicou que tiñan que revisar o proxecto polo aumento dos prezos dos materiais coa intención de evitar problemas de licitacións desertas como esta a ocorrer noutras residencias.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte celébrase baixo a chuvia

O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

Unha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego na provincia

A Deputación de Lugo vén de anunciar o lanzamento dunha APP móbil gratuíta, DeputaciónLugo...

Pantón homenaxea á súa bibliotecaria Milagros Pardo

Milagritos, a bibliotecaria Milagros Pardo, recibirá unha homenaxe o vindeiro 24 de maio en...

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...