HomePolíticaO PP destaca "os 6 millóns de euros que a Xunta investiu...

O PP destaca “os 6 millóns de euros que a Xunta investiu no Hospital de Monforte” nos últimos dous anos

A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, e a deputada e tamén portavoz do PP en Monforte, Katy Varela, visitaron este sábado o Hospital de Monforte para coñecer os novos servizos e tecnoloxía de vangarda cos que conta este centro sanitario, nos que a Xunta investiu máis de 6 millóns de euros nos últimos dous anos

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo as populares estas melloras evidencian “o compromiso do Goberno galego coa veciñanza do sur de Lugo e coa necesidade de garantir unha sanidade pública de calidade, accesible e moderna”.

Encarna Amigo e Katy Varela salientaron a recente posta en marcha no Hospital de Monforte do novo mamógrafo, un equipo de última xeración que reforza a capacidade diagnóstica e permite realizar probas de detección precoz do cancro de mama con maior precisión e comodidade. Xunto a este novo aparato, as deputadas destacaron a dotación dun novo TAC, que permite diagnósticos máis rápidos e fiables, mellorando a atención a urxencias e o seguimento de patoloxías complexas.

Ademais desta nova tecnoloxía, no Hospital de Monforte tamén se levaron adiante obras de ampliación e mellora dos servizos sanitarios, como o aumento da superficie do Hospital de Día, para ofrecer unha mellor atención a pacientes oncohematolóxicos e crónicos; a renovación da Farmacia Hospitalaria, coa incorporación dunha sala branca para a preparación segura de tratamentos; o novo Laboratorio de Microbioloxía; ou a nova área de Cardioloxía, con dúas consultas, unha sala de marcapasos, unha sala de probas de esforzo e outra para ecografías.

Na actualidade estanse a executar as obras das novas áreas de Neumoloxía e Dixestivo, cun investimento de case un millón de euros. As deputadas populares subliñaron que, “desde o pasado 1 de abril contan con catro novas enfermeiras en quenda de noite, que permiten reforzar servizos como Cirurxía, Medicina Interna, Uroloxía e Traumatoloxía”.

ÚLTIMAS

Festas en Santa Cruz de Brosmos e concerto de Carlos Núñez no Pazo de Sober

Os días 22 e 23 de agosto, a parroquia soberina de Santa Cruz de...

As Patronais de Monforte foron un éxito “impulsando a economía local e con gran participación nas actividades”, asegura o alcalde

Monforte de Lemos pon o punto final ás súas Festas Patronais cunha valoración...

O Club Lemos gaña o Torneo de Fútbol Festas Patronais de Monforte

O partido, disputado no estadio municipal de fútbol da Pinguela, enfrontaba o sábado, desde...