HomePolíticaAlexandre Varela, novo concelleiro no goberno local de Taboada

Alexandre Varela, novo concelleiro no goberno local de Taboada

No último pleno celebrado no Concello de Taboada esta semana, tomou posesión como concelleiro, Alexandre Varela Rubín, logo da renuncia de Patricia Conde o pasado mes de febreiro por motivos persoais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O novo edil será responsable da área de Educación, Benestar e Participación Cidadá e terá competencias na xestión municipal dos centros educativos (gardaría e CPI), igualdade, biblioteca, arquivo municipal, memoria histórica, normalización lingüística e promoción do benestar, entre outras responsabilidades. No próximo pleno, nomearase tamén portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello de Taboada.

Alexandre Varela concorrera na candidatura do BNG ás eleccións municipais de 2023 para acceder agora ao goberno local xunto cos seus compañeiros de filas José Portela e Manuel Diéguez, Tenente de Alcalde e Concelleiro de Cultura e Deporte, respectivamente.

O novo edil valora este momento como “unha oportunidade de contribuír ao labor de goberno que o BNG está levando a cabo desde hai case dous anos en Taboada, nun momento en que temos importantes proxectos en marcha para o noso concello”.

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...