HomePolíticaRemata a mellora de 3 estradas provinciais en Taboada

Remata a mellora de 3 estradas provinciais en Taboada

A Deputación destinou 90.000 euros a estas vías das parroquias de Castelo, Moreda e Gondulfe.

Publicado o

- Advertisement -

As melloras afectaron a 3 quilómetros das estradas LU-P-6001, de Taboada, por Ada, á estrada LU-213; LU-P-6004, do Alto de San Xulián a Castelo; e a LU-P-6005, da estrada de Taboada a Ada, a Almuíña. Segundo a Deputación, as obras benefician a máis de 250 veciños das parroquias de Castelo, Moreda e Gondulfe e a preto de 90 das parroquias de Ansar e Fradé xa que a LU-P-6001 é unha estrada de paso.

Os traballos consistiron na limpeza de cunetas, mellora do firme con aglomerado en quente e incremento da seguridade vial coa renovación da sinalización horizontal e vertical.

Desde o organismo provincial sinalan que estas actuacións melloran camiños e servizos para granxas e outras instalacións polo que supoñen un valor engadido para articular tecido produtivo que cree emprego estable e digno nos concellos do rural.

ÚLTIMAS

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...

Decoracións de Nadal no rural de Pantón

Dende o pasado sábado 13 de decembro, e ata pasar Reis, pódense ver as...