HomePolíticaColócanse en Monforte 128 trampas para velutinas

Colócanse en Monforte 128 trampas para velutinas

O PP de Monforte pon en valor o inicio da campaña da Xunta para colocar trampas para capturar vespas velutinas no municipio. Colocaranse 128 trampas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, destaca que grazas ao trampeo manual realizado pola Xunta de Galicia durante os últimos anos, a incidencia da vespa velutina na vida cotiá dos monfortinos foi a menos e “xa o ano pasado houbo moitos menos avistamentos e menos accidentes coas persoas”. Concretamente houbo unha diminución significativa de 2023 a 2024, cun descenso de 330 a 197 avisos.

Neste senso, a voceira popular recorda que “a loita contra esta especie invasora é cousa de todos e por iso precísase seguir potenciando a coordinación entre todas as administración, sectores produtivos afectados e a sociedade no seu conxunto”.

Este trampeo é planificado, coordinado e xeolocalizado. As trampas instalaranse tomando de referencia a localización dos niños de velutina de anos anteriores, en coordinación con todos os axentes que as situarán no territorio (profesionais de Seaga e persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra incendios da Xunta, que xa está recibindo formación específica para estas tarefas). Por último, a xeolocalización permite realizar un seguimento exhaustivo da evolución das trampas, con revisións cada 15 días para actualizar os datos e repoñer o líquido.

Ademais, dende a Xunta de Galicia tamén se imparten charlas formativas co fin de informar a toda a sociedade da expansión da avespa velutina e trasladar a importancia de elaborar unha fronte común entre toda a sociedade. Nelas explícase á cidadanía como actuar en cada caso e danse indicacións sobre como se está a levar a cabo o trampeo. Lembrar que está á disposición da poboación o teléfono de atención e información 012, no que se poderá notificar o avistamento dun niño de velutinas.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...