HomePolíticaA lista de espera cirúrxica no Hospital de Monforte está 31 días...

A lista de espera cirúrxica no Hospital de Monforte está 31 días por baixo da media galega, asegura o PP

A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, e a tamén deputada e portavoz municipal, Katy Varela, salientaron este sábado que a lista de espera para intervencións cirúrxicas no Hospital Comarcal de Monforte situouse no 2024 en 36 días, moi por debaixo dos 67 días de media galega e 90 días menos que a espera a nivel estatal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Encarna Amigo e Katy Varela aseguraron que “o Hospital de Monforte consolidouse como un referente no conxunto da rede sanitaria pública galega, gracias a unha xestión eficiente e ao compromiso diario dos seus profesionais”.

Os últimos datos publicados polo Ministerio de Sanidade sitúan ao Hospital de Monforte entre os centros sanitarios comarcais de Galicia con mellor desempeño, só superado polo Hospital do Barbanza (29 días de espera media para unha intervención cirúrxica) e por enriba do Hospital da Mariña lucense (con 46 días de espera media)

RENOVACIÓN DE 10.000 METROS CADRADOS

As deputadas populares destacaron que Galicia foi en 2024 a cuarta comunidade autónoma con menor tempo medio de espera para unha intervención cirúrxica e a terceira comunidade con menor tempo de espera para a primeira consulta co especialista. Ademais, apuntaron que durante o pasado ano se rexistraron cifras récord, como as máis de 204.800 intervencións cirúrxicas, cun 28 por cento máis de prioritarias, e máis de 4,8 millóns de consultas externas.

“Xunto a estes bos datos de listas de espera, o Hospital de Monforte continúa incorporando melloras para a atención aos seus pacientes, como é a posta en marcha da nova área de neumoloxía e de dixestivo, á que se destinaron cerca de un millón de euros e que ocupará unha superficie de 641 metros cadrados”, manifestaron.

Estas actuacións forman parte do Plan director de reforma integral do Hospital de Monforte que a Xunta está a desenvolver, a través do que se renovarán 10.000 metros cadrados de superficie para crear espazos máis amplos, modernos e funcionais, adaptados ás necesidades actuais da atención sanitaria.

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...