HomePolíticaO BNG do Saviñao interésase pola instalación dunha planta de biogás en...

O BNG do Saviñao interésase pola instalación dunha planta de biogás en Sanxumil

O responsable local do BNG no Saviñao, Xosé Carlos Xurxo, vén de presentar ante o Rexistro Xeral do Concello do Saviñao, unha instancia, solicitando información ao respecto dos datos de que dispón o concello sobre a instalación dunha planta de biogás, no lugar de Sanxumil, na parroquia de Vilaesteva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En palabras do portavoz nacionalista, “Queremos saber se hai algunha solicitude de permisos, prospeccións ou expedientes, relativos á instalación dunha planta de biogás na parroquia de Vilaesteva”.

Para o BNG do Saviñao, o alcalde xoga coa seguridade e intereses da veciñanza, utilizando a ambigüidade, e non aclarando se hai algunha empresa, ou particular, interesado pola instalación deste tipo de infraestrutura enerxética, cun marcado carácter nocivo.

Segundo o responsábel do BNG do Saviñao, “non entendemos como o alcalde oculta o que sabe, e non apoia aos veciños dicindo claramente, que non está dacordo neste tipo de infraestruturas, máis aínda cando en lugares como Coeses, en Lugo, ou en Palas de Rei, xa a rexeitaron definitivamente”.

ÚLTIMAS

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos...