HomePolíticaEsperta Monforte volve levar a pleno a peonalización da Ponte Medieval

Esperta Monforte volve levar a pleno a peonalización da Ponte Medieval

Esperta Monforte insiste na peonalización da Ponte Medieval, "por conservación do monumento histórico, por ser incompatible o peso que soporta ao paso de vehículos, pola estética tanto visual como funcional para os peóns que a utilizan, así como para a conservación de monumentos históricos".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como exemplo de que é posible a peonalización inmediata, lembran que con motivo das festas de San Antonio ou na Feira Medieval péchase ao trafico rodado a ponte sen causar trastornos no tráfico de Monforte, “A reorganización do tráfico rodado pola contorna sería suficiente para evitar este irreversible atentado ao medio natural e urbanístico da cidade”.

Como exemplo poñen Ourense que no 1998 “coa desculpa de acometer unhas obras pechou a súa Ponte Romana e xa non a volveu a abrir ao trafico rodado. Non tiñan aínda feita a ponte do Milenium e organizáronse utilizando a Ponte Nova polo que non temos mellor exemplo que unha cidade catro veces maís grande que Monforte e que mantivo a súas comunicación grazas a dúas pontes, algo do que nós xa dispoñemos”.

Con todo, a moción de Esperta Monforte para o pleno deste luns solicita:

  • A reorganización do tráfico rodado entre as zonas de San Antonio, Ramberde e a súa contorna e que se paralice de forma inmediata o tráfico rodado pola Ponte Medieval, pasando a ser peonil.
  • Que se fagan as xestións necesarias coas administración implicadas, para acometer o acordo xa aprobado no pleno de dar continuidade á estrada de circunvación ata a N-120, aproveitando a ponte que enlazaría por debaixo da Escola Taller coas estrada de Sober que serviría como o enlace da parte sur da cidade. 

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...