HomePolíticaO BNG denuncia o intento de intimidación da Demarcación de Estradas ante...

O BNG denuncia o intento de intimidación da Demarcación de Estradas ante a campaña nacionalista reclamando o arranxo da N-540

O Bloque Nacionalista Galego vén de rexistrar no Congreso unha batería de iniciativas para esixir explicacións ao Goberno do Estado pola actuación da Demarcación de Estradas tras a apertura dun expediente sancionatorio contra o BNG derivado do uso de dous valados publicitarios empregados na súa campaña para denunciar o estado de abandono da estrada N-540.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A formación nacionalista considera que esta reacción constitúe un intento de veto político fronte a unha campaña lexítima e necesaria, que ten por obxectivo visibilizar a situación de degradación desta vía e esixir a súa reparación inmediata.

O BNG, recorda o deputado nacionalista, iniciou en abril unha nova acción de denuncia coa instalación de dous valados —un á saída de Chantada e outro preto da entrada a Lugo desde Ourense— como parte dunha campaña que daba continuidade a outras accións para reclamar a reparación inmediata da N-540.

Poucas semanas despois do inicio da campaña, Demarcación de Estradas en Galicia remitiu unha comunicación previa ao inicio dun expediente sancionador, acusando o BNG da instalación física dos soportes sen autorización, “cando estes levan anos en funcionamento, xestionados por empresas publicitarias e utilizados por diversos anunciantes e mesmo outros partidos políticos”.

O BNG considera que esta actuación responde a unha estratexia de silenciamento, máis que a un cumprimento estrito da legalidade. “Resulta evidente que se trata dun intento de veto a unha mensaxe incómoda para quen ten a responsabilidade de arranxar a estrada. Non houbo actuación ningunha durante anos, mais agora actúan cando os valados se usan para reclamar solucións á N-540 e diríxense a quen saben que non ten responsabilidade baixo ameaza de sanción” denuncia o deputado nacionalista.

A formación nacionalista reclama a anulación inmediata do expediente, ao non existir infracción administrativa ningunha, e pide explicacións sobre os criterios seguidos para iniciar estas actuacións nun momento tan oportuno como sospeitoso.

“O BNG pregunta se a Demarcación de Estradas actuou con intención de provocar a retirada da campaña por medios administrativos e se o Ministerio comparte esta forma de proceder ante unha demanda lexítima e socialmente xustificada” engade Rego. Entre tanto o BNG segue reclamando que se acelere a reparación integral da N-540, sen agardar ata o 2027.

ÚLTIMAS

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...