HomePolíticaO PP esixe a Tomé igualdade de trato aos veciños de Monforte...

O PP esixe a Tomé igualdade de trato aos veciños de Monforte xa que “está a crear veciños de primeira e de segunda”

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte esixen a José Tomé “unha preocupación real” por todas as zonas da cidade xa que “hai moitos barrios nos que é urxente actuar e nos que os seus veciños séntense totalmente abandonados”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, explica que no barrio de Catro Ventos, unha zona ao carón da antiga chacinería e moi próximo ao casco urbano, “os veciños denuncian que se sinten abandonados polo concello”.

Un dos principais problemas que sofren a diario “son todos os derivados de que o Concello de Monforte non lles asigna números ás vivendas coas consecuencias para entregas de correos e paquetaría”. Denunncian tamén problemas de seguridade derivados da falta de desbroces, “As carreteras son moi estreitas e non hai beirarrúas, polo que teñen que camiñar por calzadas moi estreitas, invadidas na súa maior parte pola vexetación”, explicou, “o medo a un incendio tamén está moi presente porque a vexetación medra sen control e en Monforte as temperaturas son altas”.

Denúncianse neste barrio tamén, segundo os populares, problemas co abastecemento de auga, “sendo habituais os cortes por roturas nas tubaxes, así como que a auga sae da billa moi turbia por mor do mal estado da rede de abastecemento”.

Varela anuncia xuntanzas con outras zonas e barrios de Monforte para coñecer as súas problemáticas e esixe unha reacción ao alcalde, “tendo en conta que Monforte ten un dos Ibis máis altos que hai, pero os veciños non ven que esa alta carga fiscal se traduza en beneficios no seu día a día”.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...