HomePolítica"Chantada pode perder un investimento de máis de 4M€", denuncian os socialistas

“Chantada pode perder un investimento de máis de 4M€”, denuncian os socialistas

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Chantada denunciou no pleno celebrado esta semana, a falta de xestión do Goberno municipal, "que pode provocar a perda dun investimento de máis de 4 millóns de euros procedentes da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS)", destinados á construción dunha nova ponte sobre o río Asma, no barrio da Ponte

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta obra nace da moción presentada polo PSdeG-PSOE no pleno de decembro de 2024 e aprobada coa finalidade de desbloquear un proxecto esencial para a vila. A proposta incluía tres pasos clave: dirixirse formalmente á CHMS, modificar o PXOM para dar encaixe urbanístico á obra e consignar unha partida orzamentaria municipal. “Pasaron seis meses e o Goberno local non fixo absolutamente nada. A súa inacción é alarmante e pode facer que Chantada perda unha oportunidade histórica”, advertiu o voceiro socialista, Mariano López.

Segundo explican os socialistas, a CHMS remitiu hai máis dun mes e medio, un borrador de convenio para formalizar a colaboración e poder avanzar no proxecto. Sen embargo, o Concello segue sen dar resposta. “Non hai desculpa posible. Hai financiación, hai apoio institucional e hai demanda social. O que falta é vontade política e capacidade de xestión”, denunciou López Nieves.

Desde o PSdeG-PSOE lembran que a nova ponte permitiría solucionar os problemas de tráfico e perigosidade viaria que sofre o barrio da Ponte, revalorizando unha zona histórica, patrimonial e cada vez máis transitada por estar en pleno Camiño de Inverno. “Esta obra non é só unha mellora na mobilidade, é unha aposta pola recuperación urbana, pola convivencia e polo futuro dunha das zonas máis emblemáticas da vila”, sinalou o voceiro socialista.

Os socialistas de Chantada insisten en que esta oportunidade non se pode perder. “Estamos a falar de máis de 4 millóns de euros que xa están enriba da mesa. Non podemos permitir que o desleixo e a pasividade institucional freen un proxecto que leva décadas reclamándose. Chantada merece moito máis”, concluíu López Nieves.

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...