HomePolíticaNova executiva do PSOE de Láncara

Nova executiva do PSOE de Láncara

O PSdeG-PSOE de Láncara celebrou esta semana a asemblea de renovación da comisión executiva da agrupación local no Hostal Prados. Durante a reunión, a militancia deu un respaldo unánime á nova executiva local que, "combina xuventude e experiencia para reforzar a acción política no municipio".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este encontro contou coa participación de militantes do municipio, do alcalde de Láncara, Darío Piñeiro e do tenente de alcalde e deputado provincial, Pablo Rivera. A nova Secretaría Xeral estará liderada por Alba Sangil, actual concelleira de Desenvolvemento Local, Cultura, Deporte, Medio Ambiente, Participación Veciñal e Novas Tecnoloxías. Como secretario de Organización continuará Juan José Díaz Gómez, concelleiro de Réxime Interior e Facenda Local e exdeputado provincial, achegando a súa ampla experiencia. Ademais, José Manuel García Aldegunde, concelleiro de Medio Rural, Servizos Públicos Básicos e Mobilidade, será o novo secretario de Política Municipal.

A nova dirección local asegura ter como obxectivo “reforzar a intensa acción de goberno desde o partido e continuar fortalecendo a agrupación socialista de Láncara, cunha aposta clara polo compromiso coa veciñanza e a cohesión interna”. O alcalde, Darío Piñeiro, destacou “o importante papel que o partido desempeña no impulso de políticas transformadoras e no desenvolvemento do municipio”.

Mentres a agrupación socialista de Láncara asegura que nas próximas semanas incorporaranse cinco novos militantes, acadando así preto de 30 membros, “unha cifra histórica que reflicte a confianza que o proxecto socialista está a xerar na veciñanza”.

“A nova executiva local afronta esta etapa con ilusión, responsabilidade e o compromiso de continuar traballando para mellorar a calidade de vida no municipio, consolidando Láncara como un exemplo de boas políticas públicas”, conclúen.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...