HomePolíticaO PP de Monforte esixe ao Concello de Monforte sinalizar Ribas Altas...

O PP de Monforte esixe ao Concello de Monforte sinalizar Ribas Altas como “zona non apta para o baño”

Os concelleiros do PP de Monforte piden ao goberno de José Tomé que sinalice Ribas Altas como zona non apta para o baño, despois de que Consellería de Sanidade "non autorizase, este espazo público para o baño por non reunir as condicións necesarias".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, explica que xa levan anos pedinso ao goberno de José Tomé que, “tome as medidas necesarias e implique ás administracións que sexa preciso, para poder reverter o estado da auga do Cabe e que Monforte conte con esta zona de baño público autorizada”.

Os concelleiros populares preguntarán no pleno deste luns se o goberno monfortino ten pensado sinalizar esta incidencia e, sobre todo, cando o van a facer dado que as temperaturas xa comezan a ser altas “e os/as monfortinos/as precisan de zonas de ocio para o tempo libre e poder combater a calor.”

O PP insiste na necesidade de que o goberno local “se tome en serio o saneamento xa que non pode ser que se vertan augas de todo tipo ao río e non se poda gozar deste espazo como se facía fai décadas”.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...