HomePolíticaO PP esixe "axilidade" para rematar a residencia da Pobra do Brollón

O PP esixe “axilidade” para rematar a residencia da Pobra do Brollón

Antonio Ameijide recorda como dende o goberno provincial se dixo que o prazo de obra sería de 12 meses, prazo que rematou o pasado mes de abril: “Vemos como estes días a residencia aínda está moi verde e faltan meses para que poida poñerse en servizo, unha nova mentira do presidente da Deputación”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, xunto ao voceiro do PP na Pobra do Brollón, Teddy López, comprobaron “o lento avance dos traballos” que xa acumulan atrasos. Ameijide esixe “axilidade” na Pobra do Brollón para rematar a construción desta residencia e para poder dar este servizo fundamental comprometido con todos os veciños.

Insta, ademais, a que cando se remate a construción “se poña en servizo en igualdade de condicións” co resto de residencias da rede provincial, “non sexa que se lles ocorra a PSOE e BNG aplicar na Pobra do Brollón o mesmo criterio que aplican a Becerreá, cobrar un 60% máis que no resto de residencias da rede”.

Antonio Ameijide recorda que PSOE e BNG tiveron que realizar ata cinco licitacións para que comezasen as obras desta residencia de maiores. “A realidade é que o goberno provincial foi de fracaso en fracaso no referente á construción da residencia de Pobra do Brollón. Todos estes atrasos supuxeron que o custo desta infraestrutura aumentara 800.000€ pero o peor son os anos de espera para estes veciños”, explica.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...