HomePolíticaMáis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

O BNG de Monforte organizou esta semana a proxección do filme documental sobre Moncho Reboiras nos multicines Hollywood da cidade, un acto que contou coa presenza de máis dun cento de persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da UPG nos anos 70, Marisa Canto e Xosé Manuel Pavón, participantes no documental e testemuñas privilexiadas daqueles anos de loita e represión. Ambos foron, ademais, das últimas persoas en ver con vida a Moncho Reboiras antes do seu asasinato a mans da policía franquista en agosto de 1975.

No coloquio participou tamén Alberte Mera, director da película, que compartiu co público as motivacións e o proceso de elaboración do filme, así como a importancia de preservar e divulgar a memoria das persoas que, coma Reboiras, entregaron a súa vida pola causa do pobo galego.

Desde o BNG de Monforte agradecen a participación no acto, e a colaboración da Fundación Terra e Tempo, e moi especialmente a Marisa Canto e Xosé Manuel Pavón, “non só pola súa presenza, senón pola súa traxectoria vital na recuperación dun movemento político galego en tempos nos que facer política podía custar a vida. O seu testemuño é unha lección de dignidade, compromiso e memoria que debemos preservar”, apuntan desde o BNG.

Reboiras proxección / BNG Monforte

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...