HomePolíticaDarío Piñeiro, alcalde de Láncara, anuncia que ten cancro de pel e...

Darío Piñeiro, alcalde de Láncara, anuncia que ten cancro de pel e delega temporalmente no seu número dous

Recoñece sentir "moito medo ante o que vén", pero afrontarao "coa esperanza de que todo sairá ben".

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Láncara, o socialista Darío Piñeiro, anunciou que padece cancro de pel e que delegará as súas funcións temporalmente no seu tenente de alcalde, Pablo Rivera Capón, mentres dura o seu tratamento. Así o confirma o rexedor a través dunha publicación nas súas redes sociais, na que se dirixe a “veciños e amigos” para avanzar que se ausentará durante un tempo das súas funcións por motivos de saúde.

“Co agarimo que sempre nos uniu, diríxome a vós nun momento moi importante da miña vida. Como algúns sabedes, ía enfrontarme a unha operación médica delicada que requiría certo tempo de recuperación e manteríame afastado de Láncara. Pois a maiores desa operación, estes días os médicos detectáronme un cancro de pel”, anuncia.

O alcalde recoñece sentir “moito medo ante o que vén”, pero afrontarao “coa esperanza de que todo sairá ben”. Neste contexto, Piñeiro avanza que, durante a súa ausencia, o Concello quedará en mans de Rivera Capón “e nas dun gran equipo de concelleiros, concelleiras, traballadores e funcionarios”, cuxa “dedicación, esforzo e compromiso son vitais”.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...