A charla deste xoves correrá por conta do historiador, Xosé Estévez Rodríguez, aproveitando os seus extensos e rigorosos coñecementos sobre o senlleiro, polifacético e universal intelectual galego.
A conferencia constará de tres partes, unha breve biografía de Castelao; a súa amizade cos vascos a través da súa participación activa en Galeuzca; e como remate, Estévez dará conta da súa proxección universal, como galego quimicamente puro, a través dos seus debuxos e viñetas.
Dende o BNG de Quiroga animan á participación “para pasar un intre ameno e refrescar a memoria histórica dunha das figuras nacionalistas máis icónicas de Galiza”.
Despois da charla, ás 21:30 h. militantes e simpatizantes do BNG de Quiroga xuntaranse para festexar a véspera do Día da Patria cunha cea nacionalista no Restaurante Terriña Salvaxe. A xornada está organizada polo BNG de Quiroga en colaboración co BNG Lugo Sul.

