HomePolíticaO 24 de xullo o BNG de Quiroga celebra o Ano Castelao...

O 24 de xullo o BNG de Quiroga celebra o Ano Castelao e a véspera do Día da Patria

O BNG de Quiroga organiza unha conferencia este xoves ás 19:30h na Casa da Cultura de Quiroga para celebrar o ‘Ano Castelao’ baixo o título de “Castelao: galego quimicamente puro, amigo dos vascos e persoeiro universal”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A charla deste xoves correrá por conta do historiador, Xosé Estévez Rodríguez, aproveitando os seus extensos e rigorosos coñecementos sobre o senlleiro, polifacético e universal intelectual galego.

A conferencia constará de tres partes, unha breve biografía de Castelao; a súa amizade cos vascos a través da súa participación activa en Galeuzca; e como remate, Estévez dará conta da súa proxección universal, como galego quimicamente puro, a través dos seus debuxos e viñetas.

Dende o BNG de Quiroga animan á participación “para pasar un intre ameno e refrescar a memoria histórica dunha das figuras nacionalistas máis icónicas de Galiza”.

Despois da charla, ás 21:30 h. militantes e simpatizantes do BNG de Quiroga xuntaranse para festexar a véspera do Día da Patria cunha cea nacionalista no Restaurante Terriña Salvaxe. A xornada está organizada polo BNG de Quiroga en colaboración co BNG Lugo Sul.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...