HomePolíticaO PP de Monforte esíxelle a Tomé que medie para evitar a...

O PP de Monforte esíxelle a Tomé que medie para evitar a folga convocada no servizo de limpeza

Os concelleiros do PP de Monforte afean a postura de José Tomé que no pleno ordinario deste mes “negouse a facer de mediación entre a empresa e os traballadores da recollida do lixo” para evitar o inicio da folga convocada a partir do luns, 4 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, lamenta esta decisión de José Tomé xa que “tanto nós como toda a veciñanza estamos moi preocupados” polo inicio da folga xa que “unha situación coma esta nunca é positiva, pero moito menos en pleno verán, con altas temperaturas e maior afluencia de turistas”.

“A realidade é que a imaxe do municipio quedará moi danada, pero o peor é que se pode por en risco a salubridade xa que o habitual nestas situacións é que o lixo se acumule nas rúas, provocando malos cheiros e provocando numerosos inconvintes”, sinalou.

Katy Varela pide “reflexión” ao alcalde xa que “botar balóns fórfolgaa e dicir que iso son cousas da empresas e os seus empregados non é a resposta que debe dar un alcalde ante unha crise que pode afectar notablemente ao día a día da cidade”.

A voceira popular recorda que “un alcalde nunca pode desentenderse dos problemas do concello, sobre todo nun asunto de tanta importancia coma este, polo que debería de empregar a súa posición para ser o nexo de unión entre traballadores e empresas para poder desatascar a situación e chegar a un acordo”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...