HomePolíticaIGV presenta alegacións ao Proxecto de Real Decreto de medidas urxentes para...

IGV presenta alegacións ao Proxecto de Real Decreto de medidas urxentes para o reforzo do sistema eléctrico

Interior Galego Vivo (IGV) presentou ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico un extenso documento de alegacións ao "Proxecto de Real Decreto polo que se aproban medidas urxentes para o reforzo do sistema eléctrico".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O escrito recolle críticas fundamentadas “por vulneración de dereitos e incumprimento de normativa vixente, tanto a nivel estatal como europeo”. As alegacións refírense principalmente ao dereito de acceso á información e transparencia e solicítase acceso inmediato ao expediente administrativo completo, foliado e certificado.

Quéixanse da falta de planificación territorial enerxética: incumprimento da Lei 7/2021 e da Directiva (UE) 2023/2413 por non contar cunha cartografía nacional de renovábeis nin delimitación de zonas de exclusión e aceleración e da Violación da normativa ambiental: exencións e redución de prazos na avaliación ambiental contrarias ao Convenio de Aarhus e á lexislación europea.

Detectan Riscos graves nos proxectos de almacenamento con ausencia de avaliación de riscos de incendio, explosión e contaminación e critícase a Falsa urxencia e ausencia de interese público, aseguran que as medidas que reducen prazos e eliminan controis ambientais afectan á saúde, ao medio ambiente e á participación cidadá. A urxencia tamén ten que ver coa Vulneración do dereito á participación pública, reducindo á metade os prazos legais e excluíndo trámites de avaliación ambiental.

As principais solicitudes de IGV teñen que ver con:

  • Suspensión do trámite de información pública ata o 15 de setembro de 2025.
  • Remisión do expediente completo.
  • Reformulación integral do proxecto con planificación territorial previa e control parlamentario.
  • Paralización inmediata de proxectos que impliquen expropiacións inxustificadas sobre terras agrícolas produtivas.

ÚLTIMAS

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...

En marcha o Ciclo de Concertos de grupos monfortinos

Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e...

Outeiro, o Mazo e Soldón, en perigo, no lume descontrolado que ameaza o Courel

A Serra do Courel, unha das xoias ecolóxicas de Galicia, volve a estar en...

20.000 hectáreas levan ardidas co incendio que comezou en Larouco o día 13

Cos datos provisionais que ofrece este 19 de agosto a Consellería de Medio Rural,...