HomePolíticaIGV: "O lume non é só unha traxedia ambiental, é unha bomba...

IGV: “O lume non é só unha traxedia ambiental, é unha bomba social e económica que arrasa a vida rural”

O movemento cidadán Interior Galego Vivo (IGV) dirixiuse á Consellaría do Medio Rural para reclamar medidas urxentes que permitan o pastoreo anticipado nas áreas arrasadas polos incendios e o mantemento da súa consideración como superficie primábel para efectos da PAC en 2025.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Interior Galego Vivo solicitou á Consellaría de Medio Rural a modificación normativa inmediata para permitir o pastoreo anticipado, mediante autorización expresa, nas zonas ardidas dos concellos declarados zona de desastre natural polo Goberno do Estado, incluíndo aquelas parroquias sinaladas como de alto risco e que se manteña a consideración como superficies primábeis na PAC 2025 para aquelas parcelas queimadas que foron incluídas nas solicitudes deste ano.

“Estamos ante a maior catástrofe ecolóxica desde o Prestige, máis a diferenza é que esta queima o noso corazón verde e condena á morte o interior do país”, denuncian desde IGV. “Non é só lume, é abandono institucional, é falta de política forestal, é un modelo suicida que leva décadas sen máis ordenaciòn do territorio ca o ti, vai facendo”, engaden,

A entidade critica que a actual regulación exclúe automaticamente da excepcionalidade parroquias catalogadas como de alta actividade incendiaria, cando a propia Lei estatal deixa esta cuestión a criterio das comunidades autónomas.

Engaden que en Vilardevós onde IGV ten participación no Goberno, se fixo o traballo de ter o Plan de prevención de incendios en vigor e as comunicacións enviadas, tanto a parroquias priorizadas como non priorizadas. “O lume non é só unha traxedia ambiental: é unha bomba social e económica que arrasa a vida rural. Sen gando, sen xente e sen política ao servizo das persoas e do territorio, a Galiza arde cada vez máis e máis rápido», conclúe IGV.

Fronte dun dos incendios recentes que carbonizou Vilardevós / IGV

ÚLTIMAS

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...