HomePolíticaA asociación Prodeme recibe a visita de responsables do BNG

A asociación Prodeme recibe a visita de responsables do BNG

O xerente, Xulio Cortiñas, fixo persoalmente de anfitrión ensinando as instalacións ao deputado do BNG, Xosé Ferreiro, ao responsable comarcal, Ricardo Rodicio, e ao portavoz e candidato para as eleccións municipais, Emilio J. Sánchez.

Publicado o

- Advertisement -

Prodeme é unha entidade sen ánimo de lucro, con sede en Monforte, que ten como finalidade principal prestar apoios e servizos ás persoas con discapacidade intelectual para poder potenciar as súas capacidades e mellorar a calidade de vida destes e das súas familias. O seu labor é moi aprezado na comarca e a traxectoria e proxectos nos que se ten embarcado teñen demostrado viabilidade. Na actualidade, algún deses proxectos atópase en vía morta, como o da construcción dunha Planta de Biomasa, e todo por mor do pulso que mantén o seu xerente co alcalde José Tomé en relación ás bonificacións fiscais que se solicitan.

O obxectivo principal da visita foi coñecer de preto as actividades que desenvolve esta entidade, valorar de primeira man o importante traballo de integración social e laboral que realizan e poñerse á súa disposición para todo aquilo no que se poda axudar dende a formación nacionalista.

Durante a visita, Julio Cortiñas amosoulles as instalacións do centro e as da vivenda rural, construída no 2002 polo propio persoal do centro ocupacional. Os representantes do BNG coñeceron as actividades principais de Prodeme, que son a cría de gando e a venda de carne vacún pero tamén tiveron a oportunidade de coñecer a pé de campo unha nova liña de traballo e de comercialización, a planta procesadora de leña. Emprégase para abastecer a toda a comarca e mesmo serven pedidos para outras zonas do Estado.

O deputado Xosé Ferreiro sinalaba, “Paréceme un proxecto interesante, onde se combina ocupación e coidado de persoas con capacidades diferentes co desenvolvemento da economía da comarca, converténdose neste momento nun dos motores económicos de Monforte con máis de 100 persoas traballando e, o que é moi importante, persoas cunhas características que doutro xeito terían practicamente imposible a súa incorporación ao mercado laboral”.

O xerente de Prodeme aproveitou para trasladarlles o seu descontento pola situación na que se atopa a residencia do Malvarón. Esta segue pechada por falta de compromiso por parte da Xunta de Galicia. Pola súa banda, Emilio J. Sánchez, o candidato polo BNG á alcaldía de Monforte de Lemos, tomou nota da necesidade de mellorar o camiño do Lodeiro que dá acceso á residencia rural. En concreto necesitaría unha mellora na pavimentación e un bo alumeado.

A visita dos responsables do partido nacionalista forma parte dunha acción programática que se levará a cabo tamén con outros colectivos e asociacións asentadas no concello de Monforte.

 

ÚLTIMAS

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...