HomePolíticaPontón pide desde Quiroga e A Pobra do Brollón, "un cambio no...

Pontón pide desde Quiroga e A Pobra do Brollón, “un cambio no modelo forestal e centrarse na prevención”

A portavoz nacional, Ana Pontón, visitou este xoves os concellos de Quiroga e A Pobra do Brollón para avaliar de primeira man o impacto da vaga de incendios do pasado mes de agosto. Explicou medidas concretas para evitar que se repitan as vagas de lumes e darlle futuro ao rural co plan 'Da cinza á Vida'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entre as medidas, Pontón destacou a necesidade de aumentar a 100 metros as franxas de protección a vivendas e núcleos de poboación, para o que propuxo a creación dun fondo extraordinario por parte da Xunta que garante a súa execución.

“É fundamental que protexamos mellor as vivendas”, salientou logo de percorrer parte das zonas afectadas xunto ao alcalde da Pobra do Brollon, Xosé Luís Maceda e o segundo tenente de alcalde de Quiroga, Xosé Manuel Fernández. Apostou por desenvolver cambios estruturais cara un novo modelo de ordenación forestal, “Non podemos seguir vendo especies pirófitas nunha cantidade moi importante que dificultan a loita conta os lumes”, advertiu para defender a continuación unha ordenación do monte en mosaico, con zonas libres de madeira e onde haxa outros usos.

Por último, entre as medidas propostas polo BNG, tamén defendeu a urxencia de axudar ás persoas que perderon a súa vivenda ou sufriron perdas económicas e adiantou que solicitarán que “se incrementen as axudas para a recuperación de vivendas até os 200.000 euros, a creación dunha nova de 6.000 euros para que as persoas autónomas poidan facerlle fronte a gastos de difícil xustificación e o recoñecemento do lucro cesante porque senón”, afondou, “unha parte das explotacións que hoxe están funcionando poden non facelo no futuro”.

A líder nacionalista tamén reclamou ao Goberno de Alfonso Rueda que “recoñeza os seus erros”, a comezar polo “desmantelamento durante 16 anos de moitas das políticas que había na loita contra os incendios, chegando mesmo no ano 2012 a reducir as franxas de protección a vivendas e deixando sen dotación moitos dos medios necesarios e moitas das medidas que tiñan que ser postas en marcha”. Exemplificou o desleixo do PP na protección do territorio e as persoas fronte aos lumes no feito de que “este mesmo ano deixou sen executar 11 millóns de euros en prevención”. 

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...