HomePolíticaO BNG Lugo Sur esixe a reposición inmediata do tren das 23:00h...

O BNG Lugo Sur esixe a reposición inmediata do tren das 23:00h Ourense-Monforte-Lugo

O Bloque Nacionalista Galego denuncia a nova supresión do servizo ferroviario das 23:00h que conectaba Ourense con Monforte, Sarria e Lugo, un enlace fundamental para as persoas viaxeiras que chegan a Ourense no último tren procedente de Madrid (20:30h en Chamartín Clara Campoamor).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este servizo fora eliminado no pasado e, tras a mobilización social e política, conseguira ser reposto de maneira provisional a través dun autobús mentres duraban as obras na liña Ourense-Monforte-Lugo.

Os nacionalistas aseguran que agora Renfe volve a suprimilo, sen garantir que se manteña unha vez se restableza plenamente a circulación ferroviaria. Lembran que esta conexión é imprescindible para centos de persoas usuarias de Lugo e da comarca de Lemos, pois permite chegar desde Madrid a Monforte e a Lugo no mesmo día.

“Lugo e o sur da provincia sofren un déficit histórico en materia ferroviaria, polo que non se poden consentir máis recortes senón que se deben incrementar as frecuencias e mellorar os servizos”, aseguran.

A eliminación deste enlace deixa en peor situación a un territorio xa castigado pola falta de alternativas en transporte público. “O tren das 23h non é un luxo, é unha necesidade para moita xente de Monforte, Sarria e Lugo que ten que desprazarse a Madrid ou que regresa no último servizo da capital. Cada recorte supón máis illamento e máis dificultades para un territorio que xa sofre un déficit histórico en comunicacións”, subliña Emilio J. Sánchez Iglesias, viceresponsable comarcal do BNG Lugo Sur.

Desde o BNG Lugo Sur esixen ao Goberno central e a Renfe:

  • A reposición inmediata do servizo das 23h, sexa por tren ou por autobús, mentres duren as obras.
  • O mantemento definitivo da conexión ferroviaria Ourense-Monforte-Lugo ás 23h unha vez rematen os traballos.
  • Un plan real de mellora das conexións ferroviarias en Lugo e Lemos, que deixe atrás os recortes e aposte polo transporte público de calidad

ÚLTIMAS

O PSOE de Sarria lidera a resposta social contra a subida de impostos

O voceiro socialista, Benjamín Escontrela, advertiu que “o alcalde gastou sen control, ignorou todas...

Festa de outono do comercio asociado de Chantada

O Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada organiza unha festa infantil para celebrar...

“O que hai que ver!”, a vindeira obra de teatro no Multiusos de Monforte

O teatro volve este xoves 23 de outubro ao Edificio Multiusos de Monforte dentro...

Tomé asegura que manterá conxeladas as taxas, agás auga e saneamento que subirá un 3%

Este luns, 27, de outubro, lévase ao pleno do Concello de Monforte a proposta...